EntrevistasÚltima hora

“Non estou a gusto ao 100% co coche, no me permitiu correr o que quería”

Ares acadou a segunda posición tras a saída de vía de José Suárez no Canón do Sil
Iván Ares // Foto: Carlos Asensio.

Iván Ares e o seu Hyundai 120 conseguiron acadar a segunda posición no 50 Rallye de Ourense. O galego ascendeu a este posto tras sairse José Suárez na segunda pasada do Canón do Sil. Con todo, Ares asegurou non estar de todo contento co seu coche, pero vese mellor ca o ano pasado.

Como viviches a carreira? 

A verdade é que me gustaría estar máis alto, pero unha penalización de 2o segundos na primeira xornada nos fixo perder practicamente todas as opcións.

A que se debeu esa penalización? 

No primeiro tramo ( A Peroxa), na meta botounos todo o auga fóra o coche e estivemos arranxando e arrastramos o tempo moi xusto, entrando dous minutos tarde.

Estas a gusto co coche? 

A verdade que non estou a gusto ao 100%. Non me permitíu correr o que quería.

A penalización foi no primeiro. E no segundo tramo do Canón do Sil como te viches? 

Foi moi duro, facía moita calor e é difícil ir a tope dende o primeiro momento.

Con respecto ao ano pasado. Mellor ou peor? 

Moito mellor, fomos máis rápido e estanse baixando moito os tempos pero os rivais están fortes tamén.

 

Artigos relacionados

Back to top button