En portadaGalerías de fotos

Nos escaparates barquenses reina o humor

O Barco CCA desenvolve a segunda edición da campaña “Teatro nos escaparates”

Nestes días os escaparates do Barco están a converterse en escenarios. Entre o 30 de xuño e o 2 de xullo estase a desenvolver a iniciativa “Teatro dos Escaparates”, que por segundo ano consecutivo organiza O Barco Centro Comercial Aberto (CCA) e na que participan preto de 20 establecementos da vila.

En cada un dos días da campaña os membros do grupo Benevivere Teatro, de Bembibre (León), achéganse a seis escaparates para dar vida en cada un deles a pequenas historias que tocan temas como o amor, o deporte ou o egoísmo, sempre dende tamizadas polo humor.

Esta actividade completarase o 2 de xullo a partires das seis da tarde con actuacións en Varadero, Tintorería Servimat, Miranda X, Garoba, Can-Can e Bar A Cova.

Fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button