DeportesÚltima hora

Nova derrota do Auriense FG feminino

7-18 (39) / 3-14 (23) perdían contra o Estrela Vermelha na súa visita a Santiago
Os equipos femininos do Auriense FG e do Estrella Vermelha.

As cousas estánselle complicando ao Auriense FG feminino, cunha nova derrota no seu historial deportivo. Despois de caer na súa visita a Pontevedra a comezos de mes, a pasada fin de semana volvía perder, desta volta en Santiago de Compostela, no campo do Estrela Vermelha, por 7-18 (39)/3-13(23).

Segundo o Auriense, “o partido comezaba cun conxunto de Estrela atacante e con convicción de querer sacar algo positivo da noite santiaguesa. A nosa equipa metida atrás os primeiros minutos tentaba sír con xogadas pouco elaboradas sen éxito, o acerto das xogadoras locais era salientable”. Na segunda metade as ourensás “saíron con novos folgos e coa idea de alomenos tentar sacar un marcador positivo do sintético santiagués. As xogadoras locais baixaron lixeiramente o ritmo, o que deu lugar a que o acerto por paus e porta da nosa equipa lograra baixar notablemente a diferenza que situaba o marcador con 21 tantos de vantaxe para as locais no tempo de lecer. Mais dous goles de Estrela no tramo decisivo remataron coas nosas esperanzas de remontada”, apuntan os ourensáns no seu blog.

Pero non todo foi negativo nas últimas semanas para o equipo feminino de fútbol gaélico da cidade das Burgas, xa que tres das súas xogadoras  (Alba Rodríguez, Alba R. Fernández e Lucía Bibián) foron preseleccionadas para o amigable entre as seleccións femininas galega e francesa que se disputará o vindeiro 18 de marzo. Do equipo masculino foron preseleccionados por parte da selección galega masculina, Millán Brea e Jacobo Dorribo.

A vindeira xornada as xogadoras do Auriense FG visitarán A Estrada coa intención de “conseguir un resultado positivo e continuar loitando por estar entre as 5 primeiras no que semella outro partido decisivo para a clasificación final”.

Artigos relacionados

Back to top button