EconomíaEconomíaÚltima hora

A nova directiva de AEVA reúnese coa delegada da Xunta en Ourense

Un dos momentos da xuntanza entre a directiva de AEVA e a delegada provincial da Xunta en Ourense.

No marco da rolda de reunións que a nova presidenta da Asociación Empresarial de Valdeorras, Araceli Fernández del Palacio, está a manter con diferentes institucións, na mañá do 4 de xullo viaxaba ata a cidade de Ourense para manter un encontro coa delegada da Xunta de Galicia na provincia, Marisol Díaz Mouteira.

Á xuntanza tamén asistían a vicepresidenta de AEVA, Mª del Carmen Rodríguez González, e a xerente desta entidade, Luisa López Cruz. No encontro as representantes dos empresarios transmitíanlle á delegada unha serie de demandas relativas á comarca de Valdeorras e tamén analizaban as liñas de cooperación coa Administración galega para favorecer a actividade empresarial.

Artigos relacionados

Back to top button