DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Nova e contundente vitoria do CD Rúa no Aguillón

Os rapaces de Javi Ferrer vencían 3-0 ao Ribadavia Atl. no partido da xornada 22ª

O CD Rúa continúa coa racha de vitorias, moito máis destacadas no seu campo, O Aguillón e, despois da goleada 6-1 ante o Toén, volvía gañar, desta volta por 3 goles a 0 contra o Ribadavia Atl.

Na tarde do 18 de febreiro, o partido comezaba co posicionamento de ámbolos dous equipos no campo, con varias ocasións por parte dos locais que non farían diana ata o minuto 46, co gol de Daniel abrindo o marcador. No minuto 57 Roberto volvía marcar para o Rúa e Alexandre sentenciaba o encontro co 3-0.

Con esta vitoria, nun dos partidos adiantados da xornada 22ª en segunda autonómica, o CD Rúa suma tres puntos máis na carreira por acadar os postos de ascenso.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button