EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Nova edición da “Guía de Viños de Galicia” de Luis Paadín

O vindeiro 30 de novembro rematará a campaña de mecenazgo para levar adiante esta publicación que sairá á rúa en decembro
Portada da guía do 2016.
Portada da guía do 2016.

Xa está en marcha a nova edición da “Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia” do sumiller Luis Paadín. Trátase da única guía deste tipo existente no mercado e reunirá máis de mil referencias. Como nos catro anos anteriores, esta publiciación lévase adiante cun proxecto de mecenazgo que rematará o vindeiro 30 de novembro. A intención é que o libro poda estar na rúa a mediados de decembro.

O procedemento que se utiliza é o “crowfunding”. Aquelas persoas, establecementos hostaleiros ou grupos hostaleiros e turísticos interesados poden realizar o seu micro mecenazgo a través do mail info@servino.net, tal e como informa o promotor do proxecto.

Os mecenas da guía poderán desfrutar “dunha serie de vantaxes como un desconto no prezo ou unha invitación para dúas persoas para o túnel do viño de presentación que se celebrará na Coruña o 13 de decembro, no que se poderán degustar os 100 viños con mellor puntuación”, explica Luis Paadín, director da guía.

Artigos relacionados

Back to top button