ConcellosÚltima hora

Nova edición da “Noite de Medo” en Verín para celebrar o Samaín

O Concello vén de presentar a programación do vindeiro 31 de outubro
Diego Lourenso e Emilia Somoza, na presentación da "Noite de Medo".
Diego Lourenso e Emilia Somoza, na presentación da “Noite de Medo”.

O Concello de Verín pasará unha “Noite de Medo” o vindeiro 31 de outubro coa programación especial que puxeron en marcha dende os departamentos de Cultura e Mocidade. Precisamente os edís de ambas áreas, Emilia Somoza e Diego Lourenzo, respesctivamente, foron os encargados de dar a coñecer a segunda edición deste programa de actividades.

Segundo explicaron, o luns 31 a partir das 17:30h haberá un pasarrúas temático terrorífico para os máis cativos, con saída dende a Praza do Concello e con parada no Concello, no Pavillón de Deportes e na Praza da Mercé. Nestes puntos, os personaxes tatuarán aos nenos e, na meta, situada na Praza Maior, celebrarase unha queimada infantil con froita e refrescos. A bruxa Xainta e un orco e dous demos serán os encargados de titorizar este evento.

Ás 23:30h, haberá unha procesión da Santa Compaña con saída no cruce das rúas Marbana e Muralla. Este terrorífico desfile percorrerá as rúas dos casco vello onde haberá sorpresas. A meta estará tamén na Praza Maior, onde se celebrará o musical “No es serio este cementerio”, de Mecano, interpretado por alumnos do IES Xesús Taboada Chivite. Para rematar, sesión musical coa Disco Móbil Gramola.

Artigos relacionados

Back to top button