ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A nova presidenta de AEVA comeza a reunirse cos alcaldes valdeorreses

Apenas dúas semanas despois de acceder ao cargo, a nova presidenta da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), Araceli Fernández, comezaba na mañá do 5 de xuño unha serie de reunións cos alcaldes da comarca. A primeira delas tiña lugar no Concello do Barco, onde era recibida na alcaldía por Alfredo García.

Acudía ao encontro acompañada por outros membros da directiva da asociación, como é o caso dun dos catro vicepresidentes da entidade, Santiago Melo. As reunións cos rexedores da zona continuarán nos vindeiros días.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button