En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Nova vitoria para o Rúa-Valdeorras CF, no Aguillón

2-1 vencían as rapazas de Ricardo Basteiro ao SD Villestro na 6ª xornada de liga

Unha xornada máis e tres novos puntos. As rapazas do Rúa-Valdeorras CF están imparables, cunha nova vitoria en casa, contra as eternas rivais do SD Villestro.

Non foi doado e a rivalidade deportiva quedaba patente no decurso da primeira metade do partido no campo de fútbol do Aguillón coas xogadoras coruñesas moi agresivas que dificultaban o achegamento do conxunto local á portería. Aínda así, as rapazas de Ricardo Basteiro tentábano unha e outra vez e xa a piques de chegar ao descanso, Carol adiantaba ao seu equipo no marcador tralo lanzamento dunha falta.

Ao gol de Carol sumábase o de Rafaela aínda que o encontro quedaba sentenciado co 2-1 final, tralo gol visitante na recta fina. Con este resultado o conxunto amarelo e azul ascende ata os postos de cabeza na clasificación malia acusar a falta de xogadoras titulares como Isabel ou Carlota que continúan e baixa.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button