Galerías de fotosÚltima hora

Nova xerencia no bar San Roque no Barco

O establecemento hostaleiro mantén o punto de venda directo do viño da Cooperativa Jesús Nazareno

Despois de 26 anos ao fronte, Santos deixaba o bar San Roque (r/ Florencio Delogado Gurriarán, 63 do Barco de Valdeorras). No seu lugar, agora está Mª Elena Robleda López (anterior propietaria do antigo Parra) quen reabría as portas do negocio na tarde do 29 de xullo, con tapas e refrescos de benvida.

O local, con nova xerencia e unha imaxe totalmente renovada, abre tódolos días da semana de 8:30 horas a peche, ofrecendo pinchos con cada consumición. Ademais mantén o punto de venda directa do viño da Cooperativa Jesús Nazareno e posúe selo para os peregrinos que pasen polo Barco percorrendo o Camiño de Inverno a Santiago.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button