EconomíaEconomíaÚltima hora

O noveno Salón do Automóbil presentará 32 novas marcas de vehículos

Un total de 17 concesionarios da provincia estarán en Expourense nas fins de semana do 20 ao 22 de outubro e do 27 ao 29
Presentación do salón. // Foto: Carlos Asensio. 

Todos os concesionarios da provincia asociados a ACAUTO (Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense) van participar como expositores na novena edición do Salón do Automóbi, que se vai celebrar durante dúas fins de semana seguidas en Expourense. Concretamente, a fin de semana do 20 ao 22 de que será o do Vehículo Novo e, dende o 27 ao 29 de outubro, o do Vehículo de Ocasión.

Estas dúas citas están vencelladas “a un dos sectores máis importantes da provincia”, dixo o presidente de ACAUTO, Ramón Seijas, na presentación de hoxe, 16 de outubro, destas dúas citas. Seijas reiterou que o sector en Galicia “é moito máis optimista” xa que está a crecer. Asemade foi prudente xa que reiterou que o sector está a crecer por debaixo da media nacional “a case un 2% anual”, dixo.

En total 17 empresas que representan a 26 marcas estarán presentes nestes dous salóns: “estarán representadas o 100% das marcas da provincia”, asegurou Seijas. Asemade, anunciou que “haberá 32 novos modelos que farán este salón máis atractivo”. Asemade, a solidariedade tamén vai estar presente en ambas as dúas citas, xa que este ano repítese a colaboración entre Expourense e ACAUTO con Cáritas Ourense, que estarán presentes no salón cun stand informativo, así como Stop Accidentes.

Como explicou o presidente de ACAUTO, “este salón vai dirixido para o público xeral” e por iso, para animar aos visitantes a axilizar o seu proceso de decisión, van a sortear entre todos aqueles que pechen a compra dun automóbil novo ou de ocasión nestas dúas fins de semana, un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do prezo de compra do vehículo adquirido.

Pista de atletismo

Pola súa banda, Alejandro Rubín, director de Expourense, asegurou que van usar todo o recinto de exposicións de Expourense “incluíndo onde está a pista de atletismo”, dixo Rubín.

Os venres 20 e 27 de outubro os salóns abrirán de 11:00 a 20:30 horas; os sábados 21 e 28 de outubro, de 10:00 a 20:30 horas e os domingos 22 e 29 de outubro 11:00 a 20:00 horas. O prezo da entrada son tres euros por cada salón (os menores de ata 12 anos teñen a entrada gratuíta).

Texto: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button