ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O novo espectáculo do Circo de Vienna Roller, no Barco de Valdeorras

Instalado fronte á Estación de Autobuses, estará na vila ata o luns 23 de outubro

Malabarista, maxia, trapecista, antipodista, alambrista, escaleira libre nos pés, cocodrilos, personaxes de televisión e contos e, por suposto, pasallos. Son algúns dos ingredientes cos que o Circo Vienna Roller preparou o novo espectáculo que está presentando no Barco de Valdeorras.

Unha gran carpa dá cobertura ao “Circo Nacional de Austria” instalado fronte á Estación de Autobuses que permanecerá na vila valdeorresa ata o luns 23 de outubro para que toda a familia poida desfrutar dunha agradable, divertida e colorida tarde “que nunca esquecerá”, aseguran dende Vienna Roller.

Os horarios das funcións son: xoves e venres ás 18h; sábado ás 17 e ás 19:15h; domingo ás 12 e ás 18h; e luns ás 18h. coa que será a última función.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button