EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

Novo Plan Renove da Lousa

Presentábase o 2 de marzo en Santiago e conta cun orzamento de 600.000 euros
Imaxe da presentación da nova edición do Plan Renove de Lousa.
Imaxe da presentación da nova edición do Plan Renove de Lousa.

Incentivar a renovación de cubertas e fachadas con lousa galega. Este é o principal obxectivo que se persegue co Plan Renove da Lousa 2016, unha liña de axudas que se presentaba en Santiago o 2 de marzo. “Este programa supón un paso máis na aposta do Goberno galego polo sector da lousa, fomentando o uso dun material que conta cunhas características especiais que a converten nun elemento de gran calidade para o seu uso como material de cubrición, contribuíndo así á redución dos consumos enerxéticos”, apuntaba o director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, quen estivo acompañado no acto polo xerente do Clúster da Pizarra, Severino González, e polo presidente da Asociación Nacional de Colocadores de Pizarra, Miguel Ángel Fernández.

Esta nova convocatoria do Plan Renove da Lousa conta cun orzamento de 600.000 euros e permitirá a reposición de 21.400 m2 de cubertas e fachadas mediante a realización de 125 obras de renovación en vivendas unifamiliares e comunidades de veciños.

A axuda da Consellería de Economía cubrirá o 40% do gasto subvencionable do proxecto, cun custe máximo de 70 euros por metro cudrado de fachada ou cuberta, incluíndo materiais, gastos de montaxe, licenzas así como memorias básicas, informes técnicos, certificados ou proxectos de arquitectura ou enxeñería necesarios para a renovación. O prazo de presentación das solicitudes finaliza o 20 de abril ou ao esgotarse o presuposto.

Artigos relacionados

Back to top button