CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Novo pulo á Cátedra de Hidroloxía Médica

Esta formación especializada vén impartíndose na Universidade de Santiago de Conpostela dende hai oito anos
Sinatura dos convenios relativos á Cátedra de Hidroloxía Médica da USC.
Sinatura dos convenios relativos á Cátedra de Hidroloxía Médica da USC.

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) asinaba un convenio coa Axencia de Turismo de Galicia no marco da Cátedra de Hidroloxía Médica USC-Balnearios de Galicia na mañá do 25 de novembro. A súa finalidade é apoiar economicamente a cátedra durante este curso académico pero tamén no vindeiro, o 2014-2015, cun total de 60.000 euros.

Asemade rubricouse unha adenda ao convenio do 2010 entre a Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia pola que se renova o compromiso entre ambas entidades en relación a esta cátedra. Así mantén a súa colaboración coa Facultade de Medicina da USC no relativo á planificación académica e á coordinación das actividades da cátedra.

Na sinatura estiveron presentes a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro; o reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño; o decano da Facultade de Medicina da USC e director da cátedra, Juan Gestal; xunto co presidente da Asociación de Balnearios de Galicia, Antonio Garaloces e o xerente da Asociación, Benigno Amor.

Artigos relacionados

Back to top button