EconomíaEconomíaÚltima hora

Numerosa participación nos actos da II Feira do Libro de Viana do Bolo

 

A praza Maior vianesa convertíase na tarde do 22 de abril en escenario da segunda edición da  Feira do Libro e do Libro de Ocasión deste municipio. Eran numerosas as persoas que percorrían os stands da mostra, con presenza das librerías da vila e tamén de asociacións sen ánimo de lucro, que poñían á venda libros doados.

Ao redor das seis e media da tarde, na mesma praza, os máis pequenos desfrutaban do espectáculo “Letras e Notas”, un singular contacontos do valdeorrés Magín Blanco. O programa completábase na tarde do 23 de abril cun concurrido concerto de María do Ceo na Casa da Cultura.

Dende o Concello de Viana faise un balance moi favorable destas actividades. “A resposta foi boa, estamos moi contentos. Na feira houbo moitas vendas e tamén asitiron moitos nenos ao contacontos. Ademais houbo moito público no concerto de María do Ceo, e iso que coincidía co fútbol e moita xente chegou un pouco tarde”, sinala o alcalde vianés, Secundino Fernández.

 

Fotos cedidas polo Concello de Viana do Bolo.

Artigos relacionados

Back to top button