CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O abecedario musical de Magín Blanco, en Viana do Bolo

Actuará no marco da II Feira do Libro e Libro de Ocasión, os días 22 e 23 de abril, onde tamén dará un concerto María do Ceo

 

Cartel do espectáculo de Magín Blanco.

Adiviñas, breves contos e moita música. O músico valdeorrés Magín Blanco actuará o vindeiro 22 de abril na praza Maior de Viana do Bolo no marco da II Feira do Libro e Libro de Ocasión que se celebrará nesta vila do oriente ourensán. O seu espectáculo, denominado “Letras e Notas” terá lugar a partires das 18:30h.

No programa desta mostra coa que o Concello de Viana do Bolo conmemorará o Día do Libro tamén está programado un concerto de María do Ceo para o domingo 23 de abril ás 20:30h.

Artigos relacionados

Back to top button