Na mañá do 6 de xullo o rexedor ourensán, Xesús Vázquez, recibía na alcaldía a varios representantes da Cámara de Comercio e Industria de Ourense. O obxectivo do encontro era “falar acerca da cidade, do papel da Cámara como elemento dinamizador a nivel industrial e comercial e de proxectos conxuntos para captar fondos europeos que axuden no obxectivo de potenciar o sector comercial para que siga sendo un dos eixos básicos da cidade”, segundo se informa dende o Concello.
Na reunión participaban o presidente da entidade cameral, Juan Carlos Parada e a directiva da Cámara de Comercio de Ourense. Ademais do alcalde ourensán, tamén estiveron presentes o concelleiro de Urbanismo, José Jesús Cudeiro, e a concelleira de Comercio, Ana Fernández Morenza