No encontro analizábanse actuacións de impulso ao comercio e ao tecido empresarial ourensán
Na sede da Xunta en San Caetano, o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, reuníase o 24 de xullo co alcalde de Ourense, Xesús Vázquez, nun encontro no que analizaban cuestións como o apoio ao comercio de proximidade da cidade das Burgas, co fin de buscar de actuacións compartidas que permitan incrementar a competitividade dos establecementos.
Asemade abordaban as distintas iniciativas de apoio ao tecido empresarial e industrial ourensán. Neste eido, ambos coincidían na necesidade de impulsar a dinamización empresarial do municipio, a través do apoio ás empresas, o impulso aos emprendedores e a mellora das infraestruturas empresariais, como claves para garantir o desenvolvemento económico.