ConcellosÚltima hora

O alcalde do Barco recibe ao equipo do Lauro Olmo gañador do rally matemático

Os alumnos barquenses gañaban a competición internacional por segundo ano consecutivo
Alumnos e profesoras do IES Lauro Olmo co alcalde e o concelleiro do Barco.
Alumnos e profesoras do IES Lauro Olmo co alcalde e o concelleiro do Barco.

Por segundo ano consecutivo, o equipo do IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras gañaba o Rally Científico e Matemático sen Fronteiras, cuxa final se celebraba en maio na cidade francesa de Toulouse, neste caso nunha nova modalidade na que formaban equipo con outros catro centros de Galicia, entre eles o do IES Xermán Ancochea da Pobra de Trives.

E tamén por segundo ano consecutivo, o alcalde do Barco Alfredo García e o concelleiro Aurentino Alonso, recibían aos rapaces no Concello para felicitalos polo logro e entregarlles un agasallo. Carlos Conde, Juan Luis Méndez, Candela Novo, Garazi Rodríguez, Eva Rodríguez, Sergio Rodríguez, Miguel Sánchez e Mario Vidal, recibiron un a un o seu detalle.

Algúns dos membros do equipo matemático do Lauro Olmo diante do Concello do Barco de Valdeorras.
Algúns dos membros do equipo matemático do Lauro Olmo diante do Concello do Barco de Valdeorras.

Na recepción tamén estaban as profesoras de matemáticas Isabel Álvarez e Pilar Rodríguez e a direcora do instituto Amparo Quiroga, así como Mireya Rodrígues alumna de 3º da ESO que vén de recibir un premio de xornalismo.

O alcalde do Barco entregando uns agasallos aos rapaces.
O alcalde do Barco entregando uns agasallos aos rapaces.

No acto, o alcalde felicitou aos rapaces asegurando que “deixades o listón moi alto para os que veñen pero tamén o camiño preparado”, tendo tamén unhas palabras para os profesores “fundamentais para motivar aos rapaces”. García asegurou ademais que é importante aprender disfrutando “e estou seguro de que vos traballastes moitísimo pero tamén vos divertistes ao enfrontarvos a este reto” dixo, recibindo o asentimento dos rapaces por resposta.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button