ConcellosÚltima hora

O alcalde trivés, co xefe militar da Operación Centinela

A reunión tiña lugar no Concello de Trives
O alcalde trivés co xefe militar da Operación Centinela./ Foto cedida polo Concello de Trives.
O alcalde trivés co xefe militar da Operación Centinela./ Foto cedida polo Concello de Trives.

O xeneral xefe da Brilat, xeneral de brigada, Luis Cebrián Carbonell, na súa calidade de xefe da unidade militar desprazada ao oriente ourensán no marco da operación Centinela contra os lumes mantiña un encontro na mañá do 20 de agosto co alcalde deste municipio, Francisco José Fernández Blanco.

No decurso da reunión, celebrada no Concello de Trives, abordaron o desenvolvemento da operación e o traballo dos militares concentrados na Proba de Trives. Tanto o alcalde, como o xeneral da Brilat, alabaron a colaboración institucional entre o Concello e as Forzas Armadas e o rexedor aproveitou para felicitar ao militares polo traballo e exemplaridade da tropa, segundo a información facilitada dende o Concello de Trives.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button