OurenseÚltima hora

O Auditorio acolle unha exposición de óleos de Leonardo Vidal até xuño

Inclúe unha mostra de 32 óleos de temática variada, dende paisaxes até bodegóns ou figuras
Leonardo Vidal, onte na presentación da súa mostra, que estará aberta até xuño.
Leonardo Vidal, onte na presentación da súa mostra, que estará aberta até xuño.

O Auditorio de Ourense abreu onte, 27 de abril, as súas portas para acoller unha ampla exposición de obras do pintor verinense, Leonardo Vidal e estará dispoñible até o vindeiro mes de xuño.

Baixo o título “Leonardo inédito”, a mostra ofrece ao espectador un percorrido por 32 óleos de temática variada, incluíndo dende paisaxes até bodegóns ou figuras. Imaxes trazadas nas que Vidal demostra o seu dominio da luz e da perspectiva.

O persoeiro é oriundo do Concello de Pereiro de Aguiar, pero está afincado en Verín. Descubriu a pintura da man do seu pai e iso levouno a ser un autodidacta no eido da formación artística. O seu estilo pasa entre o realismo e o hiperrealismo, para dar luz a eidos onde a fotografía non chega.

A mostra poderá ser visitada na planta 0 do Auditorio ourensán en horario de 9.00 a 14.00 horas. Tamén se pode contemplar no previo das funcións que se realicen na sala principal.

Artigos relacionados

Back to top button