OurenseÚltima hora

O auditorio de A Peroxa acollerá o acto de Nadal en favor do Banco de Alimentos

A cita será o 9 de decembro ás 21:00 horas coa representación da obra “Normas para saber vivir na sociedade actual” por parte de Sarabela Teatro

rosendo-fernandez-cecilio-santalices-e-manuel-seoane

O auditorio de A Peroxa acollerá o 9 de decembro ás 21:00 horas, o acto de Nadal en favor do Banco de Alimentos de Ourense. O evento foi presentado hoxe no pazo provincial polo vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, acompañado polo alcalde da Peroxa, Manuel Seoane e polo vicepresidente do Banco de Alimentos de Ourense, Cecilio Santalices.

Os asistentes á cita poderán gozar dunha interpretación teatral a cargo da compañía Sarabela Teatro, que porá en escena a obra “Normas para saber vivir na sociedade actual” de Jean-Luc Lagarce, cun elenco formado por Fina Calleja, Fernando Dacosta, Sabela Gago, Elena Seijo e Vadim Yukhnevich. O custo das entradas será de cinco euros e a totalidade da recadación irá en beneficio do Banco de Alimentos.

O vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, destacou que a cooperación do goberno provincial con esta actividade solidaria “é unha maneira de seguir facento Ourense entre todos”. Pola súa banda, Manuel Seoane agradeceu a colaboración da Deputación para levar a cabo esta cita solidaria, que se emnarca, dixo, “no acordo asinado entre a institución provincial e o concello da Peroxa para realizar actividades solidarias”.

Finalmente, o presidente do Banco de Alimentos de Ourense, Cecilio Santalices, agradeceu a ambas as dúas institucións o feito de que “se poida transformar a cultura en solidariedade”. Santalices sinalou que “o Banco de Alimentos de Ourense atende a preto de 7.000 familias” e que nestas datas “o traballo dos voluntarios intensifícase, pois se incrementan as labores de clasificación de alimentos, recollida e repartos”, e que por iso están abertos a todo tipo de colaboracións.

 

Artigos relacionados

Back to top button