DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Auriense F.G. masculino cae ante o Braithreachas na Estrada

A seguinte cita para o equipo ourensán será en Pontes de García Rodríguez contra Terras do Eume F.G.

Non pudo ser. Nesta ocasión o equipo ourensán de fútbol gaélico non lograba puntuar na liga galega, caendo derrotado na mañá do domingo 4 de decembro na Estrada, ante o Braithreachas: 2- 12 (18)/2-06 (12).

Segundo explican dende o conxunto de Ourense, tras dominar o marcador practicamente durante todo o encontro “os últimos minutos foron a nosa condea” caendo ante un rival directo na pugna polos primeiros postos da clasificación.

Con esta derrota, Auriense F.G. sitúase no cuarto posto da táboa e a vindeira semana, viaxarán ata as Pontes de García Rodríguez para xogar contra un equipo novo na competición: Terras do Eume F.G.

Con respecto ao equipo feminino, descansou, tendo en mente un importante partido fóra da casa contra o Pontevedra, na vindeira fin de semana.

Artigos relacionados

Back to top button