DeportesÚltima hora

O Auriense FG feminino cae ante as Irmandinhas

O conxunto ourensán perdía 2-11 (17) / 1-07 (10) na súa visita á Estradas
Os equipos femininos do Auriense FG e Irmandinhas.

Dolorosa a derrota do equipo feminino do Auriense FG  na súa visita ao campo da Estrada na que perdían 2-11 (17) / 1-07 (10) nun encontro “moi igualado” ante as Irmandinhas. O acerto do Auriense cara a portería contraria “estivo limitado pola boa defensa das xogadoras irmandinhas, que apuran as súas opcións para meterse aínda no grupo de cabeza”, explican dende o club de fútbol gaélico de Ourense.

Con esta derrota e a falta de 9 xornadas para que remate a liga, as ourensás descólganse das 5 primeiras prazas, mantendo aínda as opcións para acadar a súa clasificación na rolda Ibérica.

 

Xogada do encontro disputado na Estrada.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button