CulturaMúsicaÚltima hora

O Baranda inicia a tempada de actuacións

A sala de concertos do Barco prepara o X aniversario que celebrará o 17 de decembro
Público nunha actuación no Baranda. /Foto: Carlos G. Hervella.
Público nunha actuación no Baranda. /Foto: Carlos G. Hervella.

En decembro a Sala Baranda do Barco de Valdeorras celebrará o X aniversario cunha festa por todo o alto. Antes, e como preámbulo desa sinalada data, pasarán polo seu escenario numerosos monologuistas e músicos de recoñecido prestixio.

No apartado musical cabe destacar, por calidade e repercusión a nivel nacional, os concertos de bandas como Arizona Baby ou Eladio y los Seres Queridos, así como de artistas como Susana Seivane uo Conchita. Ademais, seguindo coa programación de monólogos, tamén se achegarán ata O Barco algunhas das caras máis recoñecibles dentro do panorama actual, como poden ser Bermúdez ou a Vikinga.

Con esta iniciativa dende a sala de concertos pretenden “ofrecer ao público de toda a zona de Valdeorras e arredores a oportunidade de asistir a distintas actividades culturais, diversificando así a oferta de ocio nocturna da vila”, sen esquecer aos más pequenos “que xa nos amosaron todo o seu cariño e apoio na festa de Carnaval e na festa infantil de Cruz Vermella”, din.

A programación arranca o vindeiro vernes 18 de setembro co monólogo de Isi (Televisión de Galicia, O Rei da Comedia) e continuará o venres 25 de setembro coa actuación de La Tronka Jazz Quartet.

Artigos relacionados

Back to top button