ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O Barco abre a Noite de San Xoán coa III Carreira e Andaina Popular

Máis de 150 persoas participaron na proba atlética con saída e meta na praza Ramón Otero Pedrayo de Viloira

Nada mellor que comezar a celebración da máxica Noite de San Xoán que facendo deporte. Así o entenden no Concello do Barco de Valdeorras, que por terceiro ano consecutivo organizaba unha dobre proba atlética na que participaron máis de 150 persoas de todas as idades.

Coa praza Ramón Otero Pedrayo de Viloira como punto de referencia, ás oito e media do 23 de xuño comezaba a carreira dos máis pequenos. E trala volta polos xardíns da Casa Grande, arrancaba a carreira e andaina absoluta (os corredores en primeira liña de saída e os andarines detrás). Un percorrido de máis de 6 quilómetros que levou aos participantes por boa parte da localidade. Ao rematar a proba, unha bocadillo de panceta asada, preparados in situ, esperaba aos deportistas.

A segunda parte da Noite de San Xoán no Barco de Valdeorras, comezaba pasadas as dez da noite coa actuación musical do grupo Pándega, e xa na medianoite, cacheira con queimada e conxuro. E todo no marco das Festas da Octava do Corpus de Viloira, que comezan esta noite coa actuación do grupo local Big Crunch!

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button