Galerías de fotosÚltima hora

O Barco acolle a festa do judo infantil

Organizado pola E.D. Miguelito o evento reuníu a preto de 150 cativos de Valdeorras e Monforte

En torno a 150 judokas entre os 3 e os 12 anos, alumnos dos colexios Divina Pastora do Barco, Ramón Otero Pedrayo de Viloira, Tomás Terrón Mendaña de Sobradelo, Virxe do Camiño de Rubia e P.P. Escolapios de Monforte, dábanse cita no pavillón de Calabagueiros do Barco de Valdeorras na tarde do sábado 22 de novembro. O motivo, participar na I xuntanza de judo organizada pola Agrupación Deportiva Miguelito ( escola de Judo presente na comarca de Valdeorras e Lemos) coa colaboración do Concello do Barco e da Federación Galega de Judo.

Pasadas as catro e media da tarde, os cativos, vestidos cos kimonos, comezaban a quentar para participar no evento deportivo que se desdenvolveu segundo o regulamento que se aplica no programa Xogade da Secreataría Xeral para O Deporte.

Como árbitros da competición, contouse coa presenza de profesores de Judo da A. D. Miguelito, así como co vicepresidente 1º da Federación Galega de Judo, Eduardo Galán Palla.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button