EconomíaEconomíaÚltima hora

O Barco acolle unha xornada sobre eficiencia enerxética

Esta acción formativa, celebrada o 7 de xullo, era promovida por AEVA e pola ACO

“A certificación enerxética: unha oportunidade real de negocio e desenvolvemento profesional” era o título da xornada técnica e emintentemente práctica que se impartía na tarde do 17 de xullo no salón do edificio multiusos do Barco. O seu programa estaba estruturado en dúas partes. A primeira delas centrábase nas posibilidades actuais de negocio e desenvolvemento profesional e corría a carto de José Manuel Rodríguez, máster en xestión eficiente de edificios. Neste apartado incidíase na definición da cerfificación enerxética de edificios, cal é a súa función e a qué obxectivo resposta.

Por outra banda, a xornada analizaba o proceso de traballo para conseguir edificios de consumo case nulo. Deste apartado do programa ocupábase José Marco Montoro, arquitecto técnico.

Artigos relacionados

Back to top button