EconomíaEconomíaÚltima hora

O Barco CCA asina un convenio con Abanca

O acordo rubricábase na mañá do 24 de xullo na sede desta asociación barquense
O presidente do Barco CCA, cos representantes de Abanca./ Foto: Ángeles Rodríguez.
O presidente do Barco CCA, cos representantes de Abanca./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Coa finalidade de mellorar o acceso ao crédito dos autónomos e pequenas e medianas empresas, O Barco Centro Comercial Aberto (CCA) vén de renovar a súa colaboración con Abanca. O presidente desta entidade barquense, Ángel Álvarez, e o director de zona de Abanca en Ourense Este, Diego Daniel Fernández, asinaban na mañá do 24 de xullo no Barco un convenio que recolle unha ampla oferta de produtos dirixidos aos asociados do CCA.

Un dos momentos da sinatura do convenio entre o CCA barquense e a entidade bancaria./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Un dos momentos da sinatura do convenio entre o CCA barquense e a entidade bancaria./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Entre eses produtos figuran “préstamos para anticipar subvencións ou aprazar o pago de impostos, sen xuros ou comisións”, así como “outras opcións de financiamento a través de pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, avais ou liñas de desconto”, segundo as entidades asinantes do acordo.

Artigos relacionados

Back to top button