En portadaÚltima hora

O Barco CCA prepárase para a súa “Noite Branca”

Comezará ás sete da tarde do 17 de xuño e incluirá descontos, degustacións, animación teatral e música
Troula animará de novo a "Noite Branca" no Barco o venres día 17 de xuño./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Troula animará de novo a “Noite Branca” no Barco o venres día 17 de xuño./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Ata 37 establecementos participarán na nova edición da “Noite Branca” que O Barco Centro Comercial Aberto (CCA) desenvolverá na tarde-noite do venres 17 de xuño na vila. Será unha festa do comercio na que os locais se engalanarán dun xeito especial (dentro e fóra), ampliarán o seu horario de apertura (ata a medianoite) e agasallarán ao público con interesantes descontos dun 20% e degustacións. Tampouco faltarán espectáculos teatrais e musicais para animar o ambiente nas rúas.

Os locais participantes engalanaranse e ofrecerán interesantes descontos./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Os locais participantes engalanaranse e ofrecerán interesantes descontos./ Foto: Ángeles Rodríguez.

A apertura da “Noite Branca” barquense terá lugar De aí partirán unha serie de espectáculos que se moverán polas rúas da vila. Por unha banda, a ambientación teatral virá da man de Troula. A música porana os Celtas Largos. Neste aspecto, tomará o relevo o Dj Ton y Son ás 20:30h. (na Avenida Conde Fenosa en esquina con Abdón Blanco). Ademais ás 23:30h. poderá desfrutarse de ritmos que convidarán ao baile co grupo Son D’Vigo, no Paseo do Malecón (nas proximidades do parque infantil).

Do total de establecementos participantes nesta edición da “Noite Branca”, cinco son locais de hostalaría que ofrecerán degustacións de paella e disporán dunha zona de descanso.

Ademais agasallarase aos clientes con diversas e deliciosas degustacións./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Ademais agasallarase aos clientes con diversas e deliciosas degustacións./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Dende o CCA véñense de editar folletos co programa, así como coa listaxe dos establecementos participantes na campaña e cun mapa coa súa ubicación na vila.

Establecementos participantes nesta edición da “Noite Branca” no Barco:
– Crash: R/ Conde Fenosa, 32
– Azul y Rosa: R/ Conde Fenosa, 24
– Zapatería Palpié: R/ Conde Fenosa, 20
– Super Onda: R/ Abdón Blanco, 2
– Boutique Glory: R/ Conde Fenosa, 25
– Mercería Carmina: R/ Conde Fenosa, 25
– Miranda X: R/ Conde Fenosa, 6
– Margot Peluquería: R/ Eulogio Fernández, 3
– D’Chus: R/ Eulogio Fernández, 6
– Deportes Tri-Sport: R/ Estación, 12
– Ana de la Puente Perfumería y Estética: R/ Estación, 14
– Zapatería Step Up: R/ Conde Fenosa, 2
– Miranda M: R/ Conde Fenosa, 1
– Ana Óptica: R/ Estación, 11
– Can-Can: R/ Estación, 11
– Perfumería Pamén: R/ Estación, 7
– Mis Personajes: P. Andrés de Prada
– Laurarte: R/ Academia Dequidt, 4
– Flores Esnat: R/ Marcelino Suárez, 35
– Mhussk: Marcelino Suárez, 35
– Pizpireta: R/ Marcelino Suárez, 25
– Garoba: R/ Marcelino Suárez, 25
– Depidel: R/ Marcelino Suárez, 15
– Librería Murciego: R/ Marcelino Suárez, 28
– Boutique Suá: R/ Doutor Pérez Lista, 38
– Estética Rocío Carracedo: Praza José Otero, 2
– Moral Zapatería: Praza José Otero, 3
– Bar A Cova: Praza José Otero, 3
– Vinum: R/ Paseo do Malecón, 21
– Divino Paseo: R/ Paseo do Malecón, 23
– 13/14: R/ Paseo do Malecón, 26
– Tapería al Natural: R/ Doutor Pérez Lista, 7
– Pilardos: R/ Doutor Pérez Lista, 3
– Confecciones Elena: R/ Real, 23
– Chuches Ale: Paseo del Malecón s/n
– Top Queens: C/ Marcelino Suárez, 9
– Baamonde O Barco: C/ Estación, 7

Artigos relacionados

Back to top button