Galerías de fotosÚltima hora

O Barco celebra o Corpus Christi

Na igrexa de San Mauro concluía a procesión do Corpus Christi do Barco. Iniciábase pasadas as 12:30h. e, tras pecorrer unha parte da estrada xeral do Barco, a comitiva relixiosa entraba no casco antigo da vila, adornado especialmente para a ocasión con coloristas alfombras florais, algunhas con temática relixiosa e outras con diversas formas xeométricas.

As alfombras chegaban ata a igrexa de San Mauro, onde finalizaba a procesión, que se desenvolvía cun asfixiante calor e na que a Policía Local se encargaba de regular o tráfico.

Fotos: Ángeles Rodríguez

Máis fotos:
https://osil.info/alfombras-corpus-engalanan-o-casco-antigo-barco/

Artigos relacionados

Back to top button