CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

O Barco celebra o Día Internacional da Música

O Conservatorio e a escola de música da vila celebraban un concerto na tarde do 21 de xuño

Multitude de instrumentos e de temas soaban sobre o escenario do Teatro Lauro Olmo do Barco na tarde do 21 de xuño. Con motivo da celebración do Día Internacional da Música alumnos e profesores do Conservatorio da vila e da Escola de Música daban un concerto que comezaba ás oito da tarde coa interpretación de “Canción de cuna” da man de Aitana Rodrigues Fernández.

Despois a “Colectiva elemental” tocaba tres temas, entre eles “El libro de la selva”, Noa León “Marée” e a Orquestra outras tres pezass. O recital continuaba con Claudia González que, ao saxofón, poñía son a “Ca quijano”, logo Joel Rodríguez e Carlos Blanco, á trompeta, facían o “Vals del Puritani”.

De seguido o Ensemble de saxofóns, dirixido por Manuel Prada, interpretaba outras tres composicións, entre elas o “Tango en saxo” e “In the mood”.

A actuación completábase coas interpretacións de Alicia González e Uxía Vidal, Sofía Iglesias e, finalmente, a “Agrupación tradicional” con temas como “Alborada de Ourense”.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button