Galerías de fotosÚltima hora

O Barco honra a San Mauro

A imaxe do santo era levada a ombros por membros da Policía Local barquense

Como cada 15 de xaneiro, a Policía Local do Barco de Valdeorras vén de celebrar a festa na honra ao seu patrón, San Mauro. Unha celebración que comezaba ás doce e media da mañá do xoves coa procesión polo casco vello da localidade.

Nin a chuvia, nin as fortes rachas de vento que protagonizaron a xornada invernal, impediron que os municipais levasen a imaxe do santo a ombros, acompañados polos fegreses e un grupo de gaiteiros, completando o percorrido pola praza Maior e as rúas Real e Oscura, para regresar de novo á igrexa que lle dá nome, onde tiña lugar a eucaristía cantada polo coro da parroquia de San Mauro.

Trala celebración relixiosa, á que tamén asistiron membros da corporación municipal e da Garda Civil, municipais, amigos e familiares compartiron un aperitivo no restaurante San Mauro.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button