ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O Bicarelo en Manzaneda, unha das 16 casas niño da provincia de Ourense

O conselleiro de Política Social visitaba as súas instalacións, situadas no pobo de Seoane, na mañá do 11 de xaneiro

Contribúen a dinamizaicón do rural, impulsan o autoemprego e favorecen a conciliación e a equidade ao acceso aos servizos por parte de todas as familias galegas. Deste xeito se refería o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, ao proxecto das casas niño que se está a desenvolver en Galicia. Facíao na visita a “O Bicarelo”, unha destas casas niño que está situada en Seoane (Manzaneda). Nela Iria González atende e coida de forma personalizada a catro nenos de diferentes pobos do municipio e con idades comprenidas entre 0 e 3 anos. “Neste proxecto tamén lle damos moita importancia ao xogo libre, temos un ambiente preparado e seguro cun mobiliario adaptado e os nenos discurren libremente polos espazos, o que permite acadar un montón de experiencias”, explica a responsable desta casa niño en Seoane.

Nesta visita, o conselleiro de Política Social estivo acompañado polo alcalde de Manzaneda, Félix Domínguez, ademais de pola delegada territorial da Xunta en Galicia, Marisol Díaz, a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González Méndez, e o concelleiro Salvador Fernández. En Galicia funcionan nestes momentos 27 casas niño das cales 16 están na provincia de Ourense. Ademais, Rey Varela avanzaba que entre xaneiro e o vindeiro mes de febreiro está previsto que se abran tres máis ata sumar un total de 150 novas prazas de atención á infancia.

Durante a súa viaxe a Manzaneda, o seu alcalde convidaba ao conselleiro de Política Social e ao resto de autoridades a achegarse ata a Residencia da Terceira Idade e tamén ata as instalacións do Centro de Día deste municipio ourensán. Neste percorrido estiveron asemade acompañado polo anterior alcalde de Manzaneda e actual deputado autonómico, Davide Rodríguez.

Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button