PolíticaÚltima hora

O BNG aposta por converter Ourense nunha “nova marca de calidade”

A formación vén de presentar as liñas básicas do seu programa ás eleccións municipais na cidade
A candidata do BNG ás municipais en Ourense, Susana García, no acto de presentación das liñas do seu programa.
A candidata do BNG ás municipais en Ourense, Susana García, no acto de presentación das liñas do seu programa.

O BNG-Asembleas Abertas quere recuperar o Concello de Ourense para poñelo “ao servizo do pobo”. Así o destacaban no acto celebrado o 31 de marzo para dar a coñecer as liñas básicas do programa de goberno co que este partido se presentará ás eleccións municipais do vindeiro mes de maio na cidade de Ourense.

Nesta presentación participaban a cabeza de lista, Susana García, xunto con outros membros da candidatura nacionalista (Noa Presas, Luis Seara, Rut Reza, Xosé Lois González, Fabián Freixedo e Beatriz Fariñas). Na súa intervención destacaban que o programa pretende “converter Ourense nunha nova marca de calidade, nunha nova denominación de orixe” e que aposta por “mellorar a calidade de vida das persoas que viven en Ourense mellorando os servizos que se prestan dende o Concello para asegurarlles a todas e a todos unha vida digna”.

Nesta presentación a cabeza de lista estivo acompañada por membros da candidatura do BNG-Asembleas Abertas en Ourense.
Nesta presentación a cabeza de lista estivo acompañada por membros da candidatura do BNG-Asembleas Abertas en Ourense.

Este documento xurde, segundo se explicaba, froito dos contactos mantidos “coas veciñas e veciños nas asembleas celebradas en diferentes barrios da cidade nas que as persoas que participaron nos achegaron as súas propostas e prioridades”. Nel considéranse prioritarios os servizos sociais e porlle freo ao desemprego e para iso “dinamizaremos os sectores económicos (termalismo, industria textil e comercio local, entre outros) que favorezan a creación de postos de traballo estábeis e de calidade”, tal e como apuntaba a candidata do BNG, Susana García. Ademais queren promover a participación veciñal.

Artigos relacionados

Back to top button