Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

O BNG de Barbadás presenta a súa lista ás municipais

Trátase dunha candidatura “experimentada e preparada para afrontar o traballo de xestión con forza e ilusión”
Presentación da candidatura do BNG-Asembleas Abertas de Barbadás.
Presentación da candidatura do BNG-Asembleas Abertas de Barbadás.

O BNG-Asembleas Abertas de Barbadás aposta na súa candidatura ás eleccións municipais por “conxugar a experiencia e o coñecemento da vida municipal coa incorporacións de persoas novas na candidatura que comparten o proxecto da organización nacionalista”. Así se poñía de manifesto no acto de presentación da súa lista, que tiña lugar na mañá do 25 de abril. Na candidatura destaca a presenza de sete independentes, que se conxugan con militantes históricos e novos afiliados/as.

O seu número un será o actual concelleiro e portavoz, Xosé Manoel Fírvida, quen na presentación resalta que unha maior presenza do nacionalismo no Concello de Barbadás contribuirá a mellorar “a prestación dos servizos públicos, ás políticas de promoción do comercio local, do transporte colectivo, a defensa da nosa cultura e patrimonio e, sobor de todo, fortalecer os servizos sociais para axudar ás persoas que viven situacións dramáticas provocadas polo desemprego, os desafiuzamentos ou a falta de recursos para afrontar o pago de servizos básicos como a luz, auga ou calefacción”. E incidía en que o “BNG-Asembleas Abertas quere pór o concello ao servizo do pobo”.

Despois de Fírvida, a lista continúa cos dous actuais concelleiros no grupo municipal do BNG, Ánxela González Cid e Serafín Núñez Pérez. Tras eles van: 4.- Xosé Manuel Puga 5.- Andrea Sieiro Paz 6.- María Sol Reis Rodríguez Dopazo 7.- Andrés Soto Sánchez 8.- Lucía Diéguez Pérez 9.- Jesús Fernández Rodríguez e 10.- Nuria Feijoo Fernández.

“Trátase de persoas que desenvolven o seu traballo e participan en diversos eidos da vida social, accción sindical, mundo do deporte, movementos culturais, xuvenís etc, e con representatividade en todas as parroquias do Concello”, segundo o BNG.

Artigos relacionados

Back to top button