Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

O BNG saca tres concelleiros na Rúa

O PSdeG-PSOE mantén outros tres e o Partido Popular cinco
O BNG da Rúa celebrando os resultados. /Foto: Mónica G. Bellver.
O BNG da Rúa celebrando os resultados. /Foto: Mónica G. Bellver.

“O mellor resultado que tivo nunco o BNG nunhas municipais na Rúa”. Así de rotunda, emocionada e contenta se amosaba María González Albert, a cabeza da lista do BNG na Rúa tras coñecer os resultados da eleccións do 24-M que lle daban 644 votos (24,07%) e tres concelleiros “éste é o resultado do traballo de toda esta xente que está comigo, Germán, Avelino, Roberto… que son incribles e tamén o resultado das políticas que leva feito o PP nestes catro anos, penso que a xente xa está moi cansa non só a nivel estatal senón tamén na Rúa e esperemos chegar a acordos co PSOE para poder facer algo moi diferente ao que se está facendo porque o máis importante é que A Rúa cambie o ritmo que está levando”.

A lista socialista na sede tralos comicios. /Foto: Mónica G. Bellver.
A lista socialista na sede tralos comicios. /Foto: Mónica G. Bellver.

O PSdeG-PSOE con Luis Fernández Gudiña á cabeza, amosábase asemade satisfeito co resultado: outros tres concelleiros con 787 votos (29,42%). O Partido Popular pola súa banda era o grupo político máis votado con 1.198 voto (44,79%), mantendo os cinco concelleiros dos anteriores comicios.

O popular Avelino García Ferradal, votando. /Foto: Carlos G. Hervella.
O popular Avelino García Ferradal, votando. /Foto: Carlos G. Hervella.

Nas eleccións do 24-M, A Rúa contou cun total de 2.740 votantes (70,13%), cuncha abstención do 29,87% (1.167 votos); 65 papeletas nulas; e 46 en branco.

Artigos relacionados

Back to top button