CulturaCulturaÚltima hora

O Boletín Auriense publica o seu cuadraxésimo sexto volume

Esta publicación ten como obxectivo a difundir o patrimonio cultural da provincia
Francisco Fariña, Xulio Rodríguez e Juan Carlos Rivas. // Foto: Carlos Asensio.

Xa está na rúa un novo número do Boletín Auriense. Este anuario, que se publica coa axuda da Fundación “Pedro Barrié de la Maza, Conde Fenosa” e a Fundación Olga Gallego, está editado polo Grupo Marcelo Macías xunto ao grupo de colaboradores do Museo e Arquivo Provinciais de Ourense co obxectivo de difundir o patrimonio cultural da provincia. En concreto, máis de 300 páxinas nas que se fai un compendio de todos os avances en materia histórica que se fan tanto en Ourense como en Galicia.

Hoxe, 22 de xuño, tivo lugar a presentación deste tomo número 45 nas propias dependencias do Museo Arqueolóxico Provincial, na Praza Maior de Ourense. Presentación á que acudiron os representantes do Grupo Marcelo Macías, Francisco Fariña e Juan Carlos Rivas, así como o Director do Museo Arqueolóxico Provincial, Xulio Rodríguez.

Francisco Fariña fixo un repaso polo contido desta nova edición que contén “estudios que van dende os gravados rupestres até documentais fotográficos”. Asemade, adiantou que se está a proceder á dixitalización de todos os números do Boletín: “xa temos practicamente até o o 25 cos índices e os últimos volumes publicados”, informou. Así é todo seguirán mantendo a publicación en papel.

Pero este Boletín Auriense vai máis aló, xa que “comparte intercambios con cerca de 580 publicacións de todo o mundo”. En concreto, contou Fariña, “temos 3 seguidores en Australia e 2 en Nova Celandia, que entran na páxina do Museo e están moi ao día, sobre todo no que se refire á peza do mes”.

En total, edítanse 800 exemplares “dos que 585 distribúense por intercambio e logo os outros póñense á venda” en diferentes librarías de Ourense. Aínda que salientou que cada vez son menos os subscritores para o papel e que están a buscar captalos polo dixital.

Texto: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button