CulturaCulturaÚltima hora

O “Bosque máxico” revela os seus engados nunha mostra

Esta mostra de fotos e debuxos poderá visitarse ata o 26 de abril na Casa dos Poetas de Celanova
Unha das fotografías da web do Bosque Máxico.
Unha das fotografías da web do Bosque Máxico.

A Casa dos Poetas de Celanova abrirá ao público o 16 de abril unha exposición que recompila as fotografías e debuxos galardoados na na segunda edición do Concurso “O Bosque Máxico”. Esta mostra, promovida dende o Concello de Celanova, a Fundación Curros Enríquez e a asociación O Vieiro Leboreiro, terá un carácter itinerante e percorrerá as terras da Baixa Limia e Celanova ao longo deste ano 2014.

A participación de empresas e concellos das comarcas de Celanova e Baixa Limia fai posible que nesta 2ª edición “podamos presentar, de novo, a toda a sociedade, 36 imaxes (fotos e debuxos) de extraordinaria calidade que retratan as nosas paisaxes, costumes, vivencias e aconteceres diarios”, segundo se destaca dende a Asociación O Vieiro Leboreiro.

A exposición poderase visitarse ata o vindeiro 26 de abril en horario de martes a sábado de 11 a 13.30 e 16 a 19 horas. Os festivos só estará aberta de mañá.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button