DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O C.D. Barco cae pola mínima ante o Vilalonga FC

Calabagueiros acollía o partido correspondente á xornada 17 en terceira división que se saldaba co 0-1

A tarde do 6 de decembro (Día da Constitución) non foi boa para o equipo sénior do Centro de Deportes Barco que perdía o partido disputado en Calabagueiros contra Vilalonga FC e con el os tres puntos en xogo, manténdose na metade da táboa en terceira división.

Tras unha primeira metade sen goles nin moitas ocasións, os xogadores de ámbolos dous equipos saltaban de novo ao terreo de xogo na procura do tanto e no minuto 52 era o conxunto rival quen se adiantaba no marcandor, sabendo defender o resultado ata o final.

Unha tarde fría animicamente en Calabagueiros, tanto no terreo de xogo como nas bancadas, malia a agradable temperatura de finais de outono.

O próximo reto para os rapaces de Javi Rey será o vindeiro domingo no campo do líder, o Rápido de Bouzas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button