DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O C.D. Barco suma e segue

Co 1-0 resolvíase o encontro de terceira división ante o Dubra en Calabagueiros

O gol de Ivi Vales no minuto 51, o único do encontro, daba ao C.D. Barco a vitoria no partido correspondente á 10ª xornada de liga en terceira división. Un partido ante o Dubra da Coruña disputado no campo de Calabagueiros cunha boa entrada.

Tras unnha primeira metade sen moita salsa, chegaban os novos 45 minutos e con eles o gol do dianteiro barquense que sentenciaba o encontro no que houbo moitas tarxetas amarelas para os visitantes que chegaron a quedar con dez xogadores trala expulsión por vermella directa de Diego Bendaña, por un codazo a Cristóbal.

Uns marchan e outros regresan. No primeiro partido tralo anuncio oficial da retirada do equipo do gardameta Macía, Pablo Corzo regresaba tras varias xornadas sen xogar. Facíao na segunda parte, entrando no terreo de xogo en lugar de Brais e recibindo aplausos por parte do público.

Con esta nova vitoria, o Barco suma tres puntos máis que o sitúan no 9º posto da clasificación, só un punto por debaixo do outro ourensán de terceira, o Barbadás.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button