Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

O candidato do PP en Manzaneda aposta polo turismo no seu programa

Manuel Baltar, co candidato do PP en Manzaneda, Salvador Fernández, ao pé do Castiñeiro de Pombariños.
Manuel Baltar, co candidato do PP en Manzaneda, Salvador Fernández, ao pé do Castiñeiro de Pombariños.

Salvador Fernández Cardoso, que lidera por primeira vez a lista do PP en Manzaneda, defenderá nas vindeiras eleccións do 24 de maio un programa no que “se contempla o turismo como unha das claves para a creación de emprego no concello “. A aposta fundamental baséase no desenvolvemento turístico ligado á enorme riqueza paisaxística do municipio, “supoñendo así un decisivo impulso á economía e productores da zona”.

Pola súa banda, o presidente provincial do PP de Ourense, Manuel Baltar, sinala que “Manzaneda precisa dun goberno municipal que coñeza as potencialidades do municipio e saiba aproveitar os recursos en cooperación coas diferentes administracións. Unha aposta decidida polo territorio e a cooperación é o que precisa este municipio para poder poñer en valor todo o seu potencial”.

A lista do PP en Manzaneda está formada, dende o posto número 2 ao 7, respectivamente, por: Pedro Yáñez, Antonio García, José Antonio Villarino, Miguel Domínguez, Blas Rodríguez e José Basalo. Como suplente figura Carlos Pérez.

Artigos relacionados

Back to top button