Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

O candidato do PP en Manzaneda pretende mellorar a estrada principal do concello

Así o dicía no mitin celebrado na noite do 21 de maio, no que estivo acompañado por Manuel Baltar
Manuel Baltar, entre os candidatos populares de Manzaneda e Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.
Manuel Baltar, entre os candidatos populares de Manzaneda e Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

“Somos un equipo novo, pero cunha gran experiencia na xestión. Un equipo ilusionado e coas ideas moi claras”. Deste xeito presentaba á súa candidatura, o cabeza de lista do PP en Manzaneda, Salvador Fernández Cardoso, no mitin celebrado na noite do 21 de maio no Restaraunte O Pendón da vila.

No seu discurso explicaba o proxecto que pretenden desenvolver de acceder á alcaldía o vindeiro 24 de maio, sinalando que apostan por un “Concello aberto, xa que levamos oito anos de escurantismo”. Indicaba tamén que o seu programa era “dinamizador” e que incide “na creación de emprego e de benestar social”.

Ademais pretende “dar solucións aos problemas urxentes que temos, como son os do arranxo e ampliación da estrada principal do concello e o da residencia da terceira idade, cunhas importantes perdas económicas cada mes. Nós imos ampliar o seu número de camas para facela rentable”. Tamén adiantaba Fernández Carodoso a súa intención de dotar a Manzaneda “dun novo plan urbanístico e imos potenciar a vila medieval”.

O cabeza de lista do PP en Manzaneda, Salvador Fernández Cardoso, no mitin./ Foto: Carlos G. Hervella.
O cabeza de lista do PP en Manzaneda, Salvador Fernández Cardoso, no mitin./ Foto: Carlos G. Hervella.

Tras el interviña o presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, que destacaba a súa condición de candidato á Deputación provincial. “Non hai máis opción que o PP”, dicía, “ningunha outra opción pensa en clave de provincia”.

O cabeza de lista de Manzaneda, con Baltar e outros compañeiros, ao remate do mitin./ Foto: Carlos G. Hervella.
O cabeza de lista de Manzaneda, con Baltar e outros compañeiros, ao remate do mitin./ Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button