Galerías de fotosÚltima hora

O Casino do Barco acolle a I chocolatada da AECC de Valdeorras

En torno ao cento de persoas participaba na chocolatada benéfica organizada pola Asociación Española Contra o Cancro de Valdeorras.

A merenda tiña lugar na tarde do sábado 13 de decembro nas dependencias do Casino do Barco de Valdeorras e contou con importantes colaboracións. Por unha banda a das voluntarias que se encargaron de organizala, e por outra dos diferentes establecementos e particulares que cederon os doces, como a Cafetería Lisboa que se encargou dos churros, as panaderías Penaguillón, Santigoso e Mario que donaron as bicas, e tamén os comercios que cederon agasallos que se sortearon coa entrada, entre outros. O cholocate correu por conta do bar do Casino.

“Estamos moi agradecidos a toda a xente que participou dun ou outro xeito” explican dende a organización, contentos pola solidaridade da poboación. Coma sempre o recadado irá destinado á asociación que loita contra o cancro.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button