O CCA O Barco dá a coñecer aos gañadores da campaña de namorados

Sorteáronse seis ceas para seis parellas en catro restaurantes asociados

Cun gran éxito de participación (entregáronse cubertas unhas 5.000 papeletas), concluía a campaña de namorados 2017 do Centro Comercial Aberto O Barco. O sorteo das seis ceas para seis parellas, a consumir en catro establecementos asociados o 25 de febreiro, realizábase na sede da asociación na maña do 16 de febreiro.

Os gañadores son: Marta Franco Franco, coa papeleta selada en Deportes Tri-Sport (cea en Casa Galaica); Elisa Puente, papeleta selada en Miss-Tic (cea en Piquiño Restaurante); Beatriz Prada, papeleta selada en Garoba (cea en Restaurante Fernando III); Paula López, papeleta selada en Dulce Bebé (cea en Restaurante Fernando III); Yusef Khaled, papeleta selada en Restaurante Piquiño (cea en Tapería Al Natural); e Lourdes Amoedo, papeleta selada en El Cafetín (cea en Tapería Al Natural).

Us días antes, trala carreira por parellas celebrada o domingo, sorteábanse outras dúas ceas entre os participantes, que foron para Marco Paulo Rodrígues Pinto (cea en Casa Galaica) e Lina Fuentes Noya (cea en Piquiño Restaurante).

Fotos: Mónica G. Bellver.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR