EconomíaEconomíaOurenseÚltima hora

O CCA Ourense Centro celebra a súa asemblea

O presidente desta entidade aseguraba, ao dar lectura ao informe, que o 2014 se presenta “un pouco máis esperanzador” para o sector
O presidente do CCA Ourense Centro, na asemblea.
O presidente do CCA Ourense Centro, na asemblea.

A sede do Centro Comercial Aberto (CCA) Ourense Centro, situada no Parque de San Lázaro, acollía na tarde do 22 de abril a asemblea anual ordinaria desta entidade. Nela a directiva presentou as contas do ano 2013 e os orzamentos previstos para o 2014, así como todos aqueles proxectos que se levarán a cabo ao longo deste ano.

Ademais o presidente deste CCA ourensán, Luís Rivera Fernández, deu lectura a un informe, no que aseguraba, entre outras cuestións, que “este ano 2014 preséntase un pouco máis esperanzador e isto motívanos, como é lóxico, dado que a capacidade de resistencia dos negocios está case esgotada. Non obstante, debemos ser conscientes de que os hábitos de consumo cambiaron e por iso debemos adaptar os nosos negocios ás novas tendencias. Xa non será suficiente o manter un establecemento aberto senón que temos que actualizar e modernizar a forma na que diriximos e xestionamos os nosos negocios”.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button