CulturaCulturaÚltima hora

O CCA Ourense Centro convida aos seus clientes ao teatro este venres

O Centro Comercial Aberto de Ourense Centro vén de pór en marcha, hai dúas semanas, a campaña “Ourense Centro te invita al teatro”, unha iniciativa na que participan todos os establecementos asociados e que está enmarcada dentro do obxectivo que ten o Centro Comercial Aberto de “promover e dinamizar o comercio de proximidade, premiando as compras nos establecementos asociados”, apuntan dende a asociación.

Nesta ocasión, a campaña obsequiará aos clientes con invitacións para gozar dunha obra teatral. En concreto, da peza que representa a compañía ourensá “Delatoute Producciones” que se titula “Medicina….Rica Rica”, escrita e dirixida por Carlos Pérez.

A obra representarase no Teatro Principal de Ourense, este venres (24 de marzo), en dous pases: un ás 20:00 e outro ás 22:00 horas. Dende o Centro Comercial Aberto informan que as entradas só se poden conseguir cambiándoas polas invitacións que se agasallan coas compras nos establecementos asociados. Ese cambio farase no despacho de billetes do Teatro Principal o propio día da función de 12:00 a 14:00 horas, e pola tarde, unha hora antes de cada pase até esgotar o aforo.

Cartel da campaña.

Artigos relacionados

Back to top button