DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O CD Barco cae pola mínima ante o Céltiga CF en Calabagueiros

0-1 perdía o conxunto vermello na sexta xornada de liga en tercera división

Unha nova derrota vén de colleitar o equipo sénior do Centro de Deportes Barco no campo de Calabagueiros, na 6ª xornada de liga en terceira división. O partido no que o conxunto local estreaba equipación.

Malia rematar a primeira metade a ceros con varias ocasións e un xogo intenso por parte do conxunto local, no minuto 66 o xogador do Céltiga CF, Yun, batía ao gardameta barquense, Óscar, co único gol do encontro que lles daba a vitoria e os tres puntos en xogo ao conxunto pontevedrés.

Co 0-1 final no marcador, e despois da vitoria na anterior xornada 1-2 no campo do Ribadumia, os rapaces de Javi Rey suman a terceira derrota da tempada, situándose no posto 13 da clasificación.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button