En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O CD Barco estrea tempada en Calabagueiros con vitoria

2-1 gañaba á SD Negreira na segunda xornada de liga en terceira división

Javi Recamán e Deivis foron os protagonistas dos dous goles cos que o Centro de Deportes Barco arrancaba a tempada 2016/2017 en Calabagueiros na tarde do domingo 28 de agosto.

Despois do traspés da primeira xornada na que perdían 4-1 no campo do Cerceda, os rapaces de Javi Rey saían ao terreo de xogo dispostos a dalo todo para arrancar a tempada en casa dando unha alegría á afección. E así o facían.

Tras unha primeira metade sen goles, con ataques por parte do conxunto local que non fructificaron e tamén algunha parada de Macía, o gol de Recamán no minuto 70 poñía en pé a bancada en Calabagueiros. Dez minutos máis tarde empataban os coruñeses pero Deivis adiantaba de novo aos locais no marcador, que xa non se movería do 2-1 ante o Negreira.

Primeiro partido en casa e primeira vitoria para o equipo vermello que afronta unha dura campaña. O próximo partido será o domingo 4 de setembro no campo do outro conxunto ourensán en terceira, a UD Barbadás.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button