En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O CD Barco gaña ás Pontes e segue líder de terceira

3-2 vencía o conxunto barquense en Calabagueiros, na segunda xornada de liga

A tarde do 30 de agosto en Calabagueiros prevíase intensa e non defraudou. Era o primeiro partido oficial do CD Barco en casa tralo ascenso a terceira e a afección acudía á chamada.

O resto dependía do equipo de Javi Rey, e tamén cumpriu. Tralo gol de Tato no minuto 1, chegaría o de Recamán no 33, así como os dous do equipo visitante, As Pontes, chegando ao descanso co empate a 2 no marcador. Xa na segunda metade, con dominio local e malia a expulsión de Jorge por dobre cartón amarelo, Rodri conseguía traspasar a portería visitante sentenciando o encontro co 3-2 final.

Xa no tempo de desconto, que se fixo eterno, unha forte tromba de auga caeu sobre O Barco facendo que as bancadas pedisen a berros o final do partido.

Con este resultado, o Centro de Deportes Barco mantense líder de terceira, á espera do próximo rival, o CD Boiro, o vindeiro domingo na vila costeira.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button